Unha cuadrilla de nenos das aforas de París divírtese cun vello cabalo con rodas ó que lle falta a cabeza e co que se lanzan rúa abaixo a toda velocidade. Cando uns tipos sospeitosos lle ofrecen unha gran cantidade de diñeiro a cambio do seu vello xoguete, eles néganse a vendelo, e pouco despois o cabalo desaparece. Comezan entón unha investigación para recuperalo, e sacarán á luz un asunto moito máis groso do que eles imaxinaban.
Paul Berna (Hyères, 1908-París, 1994) foi un escritor francés, coñecido maiormente polos seus libros infantís. Traballou durante anos como xornalista antes de dedicarse á literatura a tempo completo. A súa novela máis coñecida, O cabalo sen cabeza (1955), traduciuse a numerosas linguas, gozou dun grande éxito en Gran Bretaña e nos Estados Unidos, e mesmo foi levada ó cine por Disney no ano 1963.
/eh/2025-01-08/173633966714069467/picture.png)
/eh/2025-07-08/1751962110204480194/picture.png)
/eh/2025-06-21/1750485741321434291/Hi-Sign-in-My-Nihao.png)
/eh/2025-06-21/1750485837193896318/cart.png)
/eh/2025-06-21/1750485968202533847/cart.png)
/eh/2025-04-17/1744862476612819675/hot-img.png)












