20% OFF shipping at africanheritageservices.org on orders over $79 + up to 10% OFF products
africanheritageservices.org
home > MILLOR QUE DICILA FORA PINTALA… > MILLOR QUE DICILA FORA PINTALA…
download picture
MILLOR QUE DICILA FORA PINTALA…O libro e catlogo Millor que dicila fora pintala un proxecto grfico senlleiro de Editorial Galaxia publicado para conmemorar o 50 aniversario da novela Merln e familia de lvaro Cunqueiro. Este volume especial contn unha recreacin visual e grfica do universo de Merln e a Terra de Miranda. Os seus contidos principais estrutranse arredor dos seguintes elementos: Tradicin grfica clsica: Incle as ilustracins orixinais de Prego de Oliver que acompaaron a
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols
O libro e catálogo Millor que dicila fora pintala... é un proxecto gráfico senlleiro de Editorial Galaxia publicado para conmemorar o 50 aniversario da novela Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro. 
Este volume especial contén unha recreación visual e gráfica do universo de Merlín e a Terra de Miranda. Os seus contidos principais estrutúranse arredor dos seguintes elementos: 
  • Tradición gráfica clásica: Inclúe as ilustracións orixinais de Prego de Oliver que acompañaron a primeira edición do libro en 1955. 
  • Homenaxe contemporánea: Presenta a nova ollada estética do debuxante Fausto Isorna, quen reinterpreta a historia cincuenta anos despois.
  • Técnica de colaxe: As novas imaxes creadas por Isorna seguen unha proposta vangardista baseada na técnica das colaxes, inspiradas no estilo de artistas como Max Ernst ou Urbano Lugrís. 
  • Inspiración no índice onomástico: O contido visual desenvólvese tomando como punto de partida o índice de nomes e personaxes que Cunqueiro colocou ao final do relato orixinal.
  • Citas artísticas: As ilustracións integran de xeito harmónico citas de diversas obras de arte, dialogando co propio texto literario. 

Concibido como un proxecto senlleiro e como celebración dos 50 anos da publicación de Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro, Galaxia publica Millor que dicila fora pintala…, un libro no que se vencellan dúas tradicións gráficas: a das ilustracións de Prego de Oliver á primeira edición da novela de Cunqueiro e a contemporánea, de Fausto Isorna. Un libro que é unha recreación do mundo de Merlín, o principe dos magos, segundo Cunqueiro o soñou. Cincuenta anos despois o debuxante Fausto Isorna volve escribir a historia, desta vez cos ollos do novo tempo, unha nova estética, unha nova mirada. Inspirándose no índice onomástico que Cunqueiro inclúe ao final do seu relato elabora unha homenaxe gráfica sorprendente, realizada coa ténica das colaxes, na liña do traballo de Max Ernst ou Lugrís, nas que se inclúen citas de obras de Prego de Oliver, de Tiziano, de Rafael Sanzio e Urbano Lugrís.

Contra principios do verán de 1955, Editorial Galaxia, que había pouco que comezara a andar (1950), publica un libro certamente excepcional: Merlín e familia. Medio século despois Galicia celebrou o acontecemento.
Merlín nos claustros de Compostela.
Douscentos colexios pasaron pola exposición. Máis de 60.000 persoas, entre novos e adultos, visitaron as tres galerías do Museo do Pobo Galego onde, desde o 15 de setembro ata o 30 de novembro de 2005, Editorial Galaxia, co patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e coa colaboración dunha chea de institucións, empresas e particulares, celebraba os primeiros cincuenta anos da edición de Merlín e familia, o primeiro título de narrativa que Álvaro Cunqueiro publica en 1955.
O vello Claustro de San Domingos de Bonaval e máis tres salas do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, acolleron os case 250 metros cadrados de paneis, estruturas de aluminio e de ferro, escénografía, manequíns, pantallas e ordenadores, cadros, vitrinas e obxectos varios nos que os comisarios da exposicións (Gustavo A. Garrido, Xosé Antonio Neira Cruz e Víctor F. Freixanes) presentaron non só o mundo "merliniano" senón a biografía e máis a obra de Álvaro Cunqueiro, a visión de diferentes artistas sobre a mesma e un documento excepcional: o manuscrito Ms 2434, coñecido como "manuscrito Soberanas", no que se recollen, en pergamiño, tres folios e seis páxinas da versión galego-portuguesa (sec. XIV) da Suite du Merlín, pertencente ao ciclo da posvulgata, orixinal do século XIII. O profesor Amadeus-J. Soberanas i Lleó, catedrático da Universidade de Barcelona, descubriuno por casualidade, traballando nun incunable, e a Biblioteca de Cataluña, onde está depositado, consentiu o seu desprazamento a Compostela para poder participar na recreación xeral de Merlín e a memoria que este personaxe literario e mitolóxico (aínda que con certos referentes de carácter histórico) deixou na literatura galega: medieval e contemporánea.
A exposición abríase cunha recreación do mundo de Merlín tal e como Álvaro Cunqueiro o imaxinou na serra de Meira, na montaña luguesa, a onde a xenialidade do escritor traslada o personaxe artúrico na compaña da raíña Xenebra. Un neno de nove anos, Felipe de Amancia, que como narrador lembra aqueles días desde a súa memoria de vello, evoca o mundo marabilloso que rodeaba ao seu amo Merlín e a quenes o visitaban: a princesiña que quería casar, as historias de Algaribo, a serea grega, o hugonote de Riol, o paxe de Aviñón... A recreación escenográfica, pensada moi especialmente para rapaces novos e concibida desde o espírito da ensoñación máis lúdica, estivo a conta de Rodrigo Roel.
Fausto Isorna encargouse do deseño xeral e, sobre todo, da nova imaxe: unha nova ollada sobre a obra de Cunqueiro. En 1955 fora Manuel Prego de Oliver o encargado de recrear os personaxes cunqueiriáns. Cada tempo ten a súa mirada. Fausto elaborou unha serie de colaxes que ilustraron a exposición e o libro Millor que dicila fora pintala... 50 anos con "Merlín e familia", libro que en certa maneira serviu de catálogo ou recordo para os visitantes, xunto cunha variada oferta de obxectos que ían desde chapas e adhesivos a lápis de colores, fulares, camisetas e paraugas. Trátabase de converter a celebración nunha festa, e así o entenderon as case 500 persoas que acudiron aos claustros de San Domingos de Bonaval o día da inauguración.
Un segundo espazo expositivo centrábase máis especificamente na obra de Cunqueiro e na biografía do escritor. Tamén no seu mundo e nos seus amigos. O editor Francisco Fernández del Riego, presente a través dun audiovisual, narra a peripecia histórica "dun manuscrito que realmente non existe, pois a obra foi nacendo do diálogo entre os dous, Cunqueiro e máis eu, e dos textos que pouco a pouco me ía enviando e que eu lle devolvía con correcións de imprenta".
No libro Cartas ao meu amigo, editado por Galaxia na colección "Memoria", recóllese esta correspondencia entre o editor e o escritor, amigos desde a infancia ata o falecemento de Cunqueiro (Vigo, 1981).
A terceira parte centrábase na figura do Merlín como personaxe mitolóxico e literario, desde as raiceiras célticas e prelatinas á iconografía universal contemporánea: a pintura, a banda deseñada, a novela, o cine, o teatro e a televisión, pasando pola pegada que a súa figura deixou nas nosas letras. Era de notar a magnífica figura dun Merlín elaborado polo escultor Eiroa, presentada na mostra por Xaime Isla Couto.
Durante os dous meses e medio que durou a exposición varios miles de escolares de toda Galicia pasaron polas salas e os claustros do Museo do Pobo Galego, que cedeu xenerosamente as súas instalacións e se sumou aos actos complementarios da mostra: ciclos de conferencias, debates, recitais e actuacións teatrais, recreacións para os máis novos de personaxes da obra, encarnados por un Felipe de Amancia que encarnaban as actrices Sabela Gago e Nati Borrajo. Dolores Vilavedra coordinou as conferencias e mesas redondas, nas que participaron novas e vellas xeracións: desde Francisco Fernández del Riego a César Cunqueiro, Darío Xohán Cabana, Xosé Miranda, Xosé Luís Franco Grande, Victoria Cirlot, Henrique Monteagudo e César Antonio Molina.
A idea dos promotores foi levar este acontecemento por toda Galicia, memoria dun libro que marcou unha época e inaugurou unha maneira de narrar, irrepetible e orixinalísima. Xunto con Blanco Amor e Fole, Cunqueiro constitúe a trepia refundacional da narrativa en lingua galega despois de 1936.

Fausto Isorna

(Catoira, 1961). É un deseñador gráfico, debuxante, ilustrador e un dos máis grandes creadores de banda deseñada que ten Galicia neste transcorrer de séculos.

A súa traxectoria destaca polos seguintes fitos:
  • Pioneiro do cómic galego: Foi un dos fundadores da mítica revista Vagalume e, sobre todo, do colectivo e revista Frente Comixario nos anos 80, impulsando o cómic autóctono. [1]
  • Deseño editorial: Fundou xunto a dous socios o prestixioso estudio Deseño El Patito, especializado en deseño gráfico, xestión cultural e edición de libros ilustrados. [1]
  • Estilo visual: É moi coñecido polo seu uso vangardista do colaxe, a apropiación de gravados antigos e o diálogo entre a arte clásica e a ilustración moderna.
  • Ilustración literaria: Alén de Merlín e familia, ilustrou portadas e interiores para numerosas obras de autores galegos e traballou intensamente no eido do cartelismo cultural.

____

Editorial: Galaxia 09-2005
Idioma: Galego
Páxinas: 92

MILLOR QUE DICILA FORA PINTALA…

Item no : 29625887740
sold recently : Login >>
US$ 22.35
Pay in 4 interest-free payments of $5.59 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 24 - Jun 29

Enjoy 20% off shipping

US$ 22.35

1-11

US$ 20.12

12-35

US$ 15.64

36-59

US$ 13.41

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches